SAUDE MENTAL

"A Mariña"

     ATENCIÓN PSICOLÓXICA

 

Programa de psicoeducación

Entrénanse habilidades profesionais generalizadas e outras áreas, dontando ó usuario dun maior número de destrezas, reducindo a necesidade de supervisión.

 

Ensínanse tarefas simples e complexas; o desenvolvemento de ciclos de traballo en carpintería, mosaicos, manualidades e outras actividades que se desenvolven en función das características do grupo.

 

ESCOLA DE FAMILIAS

Donde os familiares máis próximos ó entorno dos usuarios  reciben información e asesoramento sobre as enfermedades mentais, ademáis de compartir experiencias.

 

TERAPIA INDIVIDUAL

 

TERAPIA GRUPAL

 

ESTIMULACIÓN COGNITIVA

 

PSICOMOTRICIDADE FINA

 

PROGRAMA E-MOTIONAL TRAINING

     ATENCIÓN SOCIAL

 

ACTIVIDADES DE RELACIÓN GRUPAL

- Celebración do Magosto

- Celebración de cumpreanos

- Celebración do Samaín

- Celebración do entroido

- Xornada micolóxica

- Actividades medioambientais

 

ADESTRAMENTO DE HABILIDADES SOCIAIS

Programa dirixido a incrementar competencias de atención e afectividade persoal dos usuarios.

A mellora na competencia interpersoal é unha base para un mellor funcionamento psicosocial en sentido xeral e unha protección ós estresores medioambientais.

 

ADESTRAMENTO DE HABILIDADES DA VIDA DIARIA

O obxetivo fundamental deste programa  é proporcionar independencia ó usuario, xa que intervindo en Habilidades da vida diaria pódese decir que non só melloran considerablemente aspectos relacionados coas propias actividades ( aseo, vestido, alimentación, diñeiro, saúde…), senón que ademáis esta intervención repercute directamente no aumento da autoestima.

 

PROGRAMA DE OCIO E TEMPO DE LECER

 Oriéntase e enséñase ós usuarios a ocupar o seu tempo libre, a descubrir novas actividades lúdicas coas que disfrutar acompañados de outras persoas fomentando así as relacións sociais, a comunicación e o seu nivel cultural.

 Dende os Centros de Rehabilitación prográmanse excursións á praia, á montaña, ó cine, a museos, concertos, obras de tatro... Todas as actividades son guiadas e complétanse con algún exercicio grupal que reforce aspectos educativos e culturais do acto.

 Así, celebramos o entroido, o magosto, facemos xornadas micolóxicas...

 

PROGRAMA DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS

- Ximnasio

- Ximnasia de mantemento

- Equipo de fútbol sala

- Taichi

 

PROGRAMA DE ATENCIÓN DOMICILIARIA

O ámbito de intervención dase no propio domicilio do paciente, coa finalidade de  garantizar a asistencia  en casos de  maior dependencia , o cal lles imposibilita ou dificulta o acceso ós servicios de apoio comunitario.

 

PROGRAMA DE RESPIRO FAMILIAR

Este programa ofrece ás familias a  posibilidade de  descargalas do estrés de cuidador mediante a saída do paciente do seno familiar  durante un periodo de tempo, mentras o usuario disfruta dun curto periodo vacacional.

 

PREVENCIÓN E SENSIBILIZACIÓN

- Día mundial da saude mental

- Campañas de sensibilización

- Facemos a sardiña

- Adornamos as rúas de Ribadeo

- Cenas benéficas

- Actuacións en centros educativos

 

     ATENCIÓN PRELABORAL

 

Entrénanse habilidades profesionais generalizadas e outras áreas, dotando ó usuario dun maior número de destrezas, reducindo a necesidade de supervisión.

 

Ensínanse tarefas simples e complexas; o desenvolvemento de ciclos de traballo en carpintería, mosaicos, manualidades, xardinería, lavandería, cerámica e outras actividades que se desenvolven en función das características do grupo.

 

 

SAUDE MENTAL
"A Mariña"